21 marzo 2022

XOGOS DE PRIMAVERA

 


Neste xogo teremos que afinar a nosa atención para buscar as metades de cada flor, pero coidadiño porque hai moitas flores moi parecidas e podedes confundirvos.

No xogo de "Bichitos" teremos que contar os bechiños e colocar o número en cada tarxeta, logo podemos xogar a colocar ordenadamente de menor a maior ou de maior a menor, tamén se pode xogar colocando unha serie incompleta e colocar as tarxetas que faltan.


O xogo de grafo é ideal para a mesa de luz, para ir colocando as fichas de cores sobre os recorridos, pero este material tamén serve para a recanto das letras e elaborar unhas tarxetas de grafo, nas que con rotuladores de pizarra poderán facer e desfacer os trazos tantas veces como queiran.

Se queredes descargalos soamente teredes que clicar nas imaxes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario